sábado, 16 de julio de 2011

ALBERT RÁFOLS - CASAMADA

  
Naceu o 2 de febreiro de 1923 na cidade de Barcelona. Iniciou os estudos de arquitectura pero abandonounos para dedicarse de cheo ás artes plásticas grazas ao apoio do seu pai, Albert Ràfols i Cullerés. En 1950 obtivo unha bolsa para poder viaxar a Francia, onde se instalou en París ata 1954 xunto á súa esposa, a tamén pintora Maria Girona i Benet.

En 1980 foi galardoado co Premio Nacional de Artes Plásticas concedido polo Ministerio de Cultura e no 2003 co Premio Nacional de Artes Visuais de Cataluña concedido pola Generalidade. Así mesmo en 1983 foi distingido coa Creu de Sant Jordi e en 1991 coa Lexión de Honra do Goberno de Francia. É académico honorario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
 

Faleceu o 17 de decembro de 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario