miércoles, 6 de julio de 2011

CHRISTO & JEANNE-CLAUDE

Christo (Gabrovo, Bulgaria, 13 de xuño de 1935) e Jeanne-Claude (Casablanca, Marrocos, 13 de xuño de 1935 - Nova Iork, Estados Unidos, 18 de novembro de 2009) son un matrimonio de artistas que realiza instalacións artísticas ambientais, similares ao Land art.
Caracterízanse, principalmente, por utilizar tea para envolver xigantescos edificios ou cubrir extensas áreas públicas.
En xaneiro de 1958, Christo fabricou a súa primeira peza de "arte envolvida": cubriu un tarro de pintura baleiro cun lenzo remollado en acrílico. Amarrouno e coloreou con pegamento, area e pintura de automóbil. Un empresario alemán, chamado Dieter Rosenkranz, comprou varias obras pequenas "envolvidas" por Christo. Foi a través de Rosenkranz que Christo coñeceu o artista francés Yves Klein e o historiador da arte Pierre Restany.
En 1961, Christo envolveu barrís no porto alemán de Colonia. Este proxecto converteuse no primeiro onde Christo cubría obxectos de gran tamañao.
En 1962, a parella enfrontou o seu primeiro proxecto monumental, Rideau de Fer (Cortina de Aceiro, en idioma francés). Sen advertilos ás autoridades e como unha declaración en contra do Muro de Berlín, bloquearon con barrís de petróleo a Rue Visconti, unha pequena rúa sobre o Río Sena.
En febreiro de 1964, Christo e Jeanne-Claude chegaron a Nova Iork. Christo expuxo o seu traballo en diversas galerías, incluíndo a Galería Leo Castelli en Nova Iork e a Galería Schmela en Düsseldorf, Alemaña.
Christo e Jeanne-Claude prepararon o seu próximo traballo, "Umbrellas". O plan consistía en instalar paraugas azuis e amarelos en California e Ibaraki, Xapón, ao mesmo tempo.
En decembro de 1990, as bases para as antucas foron colocadas. Os pedestais de 8 m2 de longo foron ancorados ao piso con tensores de 1.500 quilopondios. En setembro do ano seguinte, os paraugas foron levados aos seus lugares por 2.000 traballadores. Para conservar a paisaxe, as bases foron transportadas aos seus sitios cun helicóptero. O custo final do proxecto foi de $26 millóns (dólares estadounidenses).
As cores das antucas foron elixidas co obxectivo de complementar a paisaxe onde fosen instaladas: o amarelo debía acentuar a herba cor ámbar presente nos outeiros de Southern California e o azul debía realzar a exuberante follaxe que rodeaba un río de Xapón.
O 7 de setembro de 1991, estaban instalados 1.340 paraugas azuis en Ibaraki e 1.760 paraugas amarelos no Tejon Ranch de California. A exhibición comezou o 9 de outubro. Un total de 3 millóns de persoas visitaron as antucas, cada unhas das cales medía 6 m de alto e 8,66 m de diámetro. Os paraugas convertéronse nunha grande atracción turística, algunhas persoas utilizáronos para facer pícnics e outras, mesmo, usáronos como altares de voda.
Máis proxectos realizados
Running Fence (Valo continuo, 1976), unha franxa de nailon de 5,5 metros de altura que se estendía ao longo de 40 quilómetros a través de dous condados de California. Tanto esta obra coma a anterior Valley Curtain (Cortina do val, 1972) foron tema de documentais realizados polos directores de cine de vangarda Albert e David Maysles.
Outras obras son as Surrounded Islands, Biscayne Bay, Florida (Illas rodeadas, 1982), once illas enmarcadas con 650.000 m2 de tecido de polipropileno, The Pont New Wrapped (O Pont Neuf empaquetado, París, 1985).
En 1995 empaquetou o Reichstag, en Berlín.
O seu traballo máis recente foi "The Gates" (2005), o que consistiu en instalar 7.503 marcos metálicos no Central Park de Nova York.
Entre os seus proxectos aínda non realizados están a Porta de Alcalá en Madrid e a estatua de Colón en Barcelona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario