miércoles, 6 de julio de 2011

TADASHI ASOMA


Tadashi Asoma, nado en Xapón en 1923, recibiu a súa educación no Colexio de Profesores de Saitama, Urawa, Gakko Bijitsu, Tokio; Grand Chaumière, Parides e o Art Students League, Nova Iork.

En 1958, Tadashi Asoma recibiu unha bolsa do goberno xaponés para estudar en Paris. A súa primeira exposición en Estados Unidos foi en 1961 na Sociedade Xaponesa en Nova Iork e San Francisco. Comezou a interesarse pola arte americana contemporanea e decidiu establecerse nos Estados Unidos. Finalmente mudou a Nova Iork coa súa família. Asoma produciu a maioria das súas pinturas durante a sua residencia nos Estados Unidos.

Durante os seus primeiros anos, viviu nun apeartamento preto do East Village en Nova Iork. Estudou pintado polo dia e pola noite mantiña á sua familia traballando nun restaurante. Finalmente, Asoma mudouse coa súa familia a unha pequena aldea a uns sesenta quilómetros ao norte de Manhattan, Garrison. Foi neste lugar onde Asoma entrou en contacto coa natureza e atopou a inspirazón para a súa arte.

Tadashi Asoma deléitase coa cor e retrata o troco das estacións coa expresión sensíble propia doun autor oriental.

Tadashi Asoma participou en exposición individuais e colectivas en todo o mundo, incluíndo Nova Iork, San Francisco, Tokio, Suíza e Alemaña. A súa obra está presente en moitas coleccións públicas e empresariais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario