miércoles, 6 de julio de 2011

JORGE CASTILLO

Jorge Castillo Casalderrey (Pontevedra; 1933), pintor galego.
Pasa a súa infancia en Arxentina, onde o seu pai, negociante e viaxeiro, tivo que exiliarse por razóns políticas e onde morrerá en plena Guerra Civil Española.
A partir de 1950 dedícase intermitentemente a pintura e traba amizade con galegos notables residentes en Bos Aires, como Laxeiro, Manuel Colmeiro Guimarás e Luis Seoane.
Permanece na Arxentina ata 1956, ano en que volta a España e cumpre o servizo militar en Zaragoza, onde aprobeita o tempo libre para pintar. En 1958 traba amizade con Juana Mordó, entón a cargo da Galería Biosca. Relaciónase con artistas españois de renome. Estende inicialmente o seu nome a París e fixa residencia en Barcelona, onde casa en 1961 e enviúva dous anos máis tarde. Instálase en París e coñece á italiana Marienza Binetti, quen durante anos exercerá unha intensa influencia no artista, e a que retrata incansablemente. A súa obra ábrese camiños en toda Europa e en Nova Iork nos anos finais da década dos sesenta. O seu tríptico de grandes dimensións titulado "Palomares", sobre o incidente da bomba atómica perdida polos norteamericanos en augas do baixo Mediterráneo, alcanza fama mundial.
En 1969 é invitado a residir e traballar durante un ano en Berlín, onde realiza numerosas pinturas, gravados e esculturas. Nos anos sesenta a fama de Castillo consolídase, e as súas exposicións prodúcense nas principais galerías do mundo, o que dá lugar a que escriban sobre Castillo os máis importantes críticos.
En 1977 aparece a primeira monografía sobre o artista galego, escrita por Werner Haftmann.
En 1982 vincúlase á célebre galería Marlborough, referente da arte contemporánea en Estados Unidos.
En España conságrase definitivamente coa publicación da citada monografía de Ratcliff por edicións La Polígrafa.
Adquiren obra súa importantes museos, como o Guggenheim de Nova Iork, onde o artista fixa a súa residencia e ten un amplo estudo.
Na súa cidade natal, Pontevedra, dedícaselle unha sala especial durante a celebración da Bienal, en 1988.
A citada galería neoyorkina e o Meadows Museum de Dallas, Texas, dedícanlle grandes exposicións que se repiten en Barcelona e Santiago de Compostela durante o ano 1990.

No hay comentarios:

Publicar un comentario