miércoles, 6 de julio de 2011

JOAN PERE VILADECANS

Joan Pere Viladecans (Barcelona, 1948) é un pintor catalá.
Influído por Antoni Tàpies e Joan Brossa, comezou con obras nas que combinaba a pintura con diversos obxectos, misturando técnicas, cunha pincelada mesta próxima á pintura matérica.
A cabalo entre a figuración e a abstracción, a súa obra céntrase na natureza, o tempo e a vida.
1992 Expo de Sevilla.
1998 Museu de Zoología de Barcelona.
1999 Sala d'Exposicións da Fundació Caixa de Manresa.
1999 Centre d'Art Santa Mònica, Barcelona.
2001 UNDER DM 2000. Galerie Dreiseitel, Colónia, Alemania.
2003 Arbeiten auf Papier. Galerie Dreiseitel, Colónia.

Nos anos noventa mostrou a súa obra en Túnez (1991), na Expo de Sevilla (1992), en Oporto (1993), na Sala d'Exposicións da Fundació Caixa de Manresa (1999) e no Centred'Art Santa Mònica de Barcelona (1999).
Ao longo da súa carreira, que se iniciou en 1967, Viladecans expuxo en coñecidas galerias de arte e museos en España (Fundación Joan Ollou e Museu de Arte Contemporáneo de Madrid, entre outros moitos) e noutros paises de Europa e América, como Alemaña, Francia, Bélgica, Italia, Suecia, Polonia, EEUU, Canadá e Uruguay. Participou tamén en diferentes edicións da Feira de Arte Contemporáneo (ARCO) e no 50 aniversario das Nacións Unidas, en Barcelona.

Entre os recoñecementos á súa traxectoria profesional  inclúense a condecoración de Chevalier dans l'Ordre deas Arts et deas Lettres, outorgado polo Goberno francés en 1996, e o premio Award for Excellence, que lle entregou un ano despois a Society for News Design (Nova Iork).

No hay comentarios:

Publicar un comentario