miércoles, 6 de julio de 2011

KUMI SUGAÏ

Artista xaponés, nado en 1919 en Kobe.
Kumi Sugaï foi moi activo en Francia a  princípios dos anos 50.

Alumno da Escola de Belas Artes de Osaka, foi formado tanto nas técnicas pictóricas occidentais como na caligrafía tradicional.
Igual que numerosos artistas do seu país, naquel período, instálase en Francia, en 1952. O seu traballo suscita o interese e participa ao ano seguinte en diversos salóns que se organizan tanto en Paris como no estranxeiro (Fundación Carnegie en Pittsburg, Sao Paulo…).

A súa primeira exposición persoal ten lugar en Paris en 1954. Este acontecemento, e o ano 1954, son para él o punto de partida de numerosos exposicións que organiza no mundo enteiro nos dez anos que seguen. O estilo de Sugaï vai evolucionando. Á súa chegada a Francia, a súa técnica se aproxima ao graffiti sobre fondo de lienzos case sen cor; a partir de 1953, tende cara o uso de máis cores e aparecen os signos gráficos abstractos.

Uns personaxes-insectos, animais estraños, seguen presentes na súa obra. Desaparecen a partir do ano 1958, cando Sugaï decide renunciar a calquera evocación. Se lle compara con Gérard Schneider. As súas "grandes composicións emblemáticas" son a culminación da sua nova escritura.

En 1960, a arte de Sugaï muda de modo brutal, adoptando as posibilidades dunha abstracción xeométrica. Repítense as combinacións de formas trazadas coa regra e de cores variopintos aplicados sen relevo.

Sugaï morre en 1996.

No hay comentarios:

Publicar un comentario